miércoles, 24 de febrero de 2010

REFLEXIÓNS NOVAS

SABELA RUIBAL

Sabela Ruibal
De Sabela hai que destacar o seu sentido cromático, a súa conbinación de cores e a súa utilización da liña en movemento. A gama utilizada por Sabela é exquisita nalgunha das súas obras percibímola aterciopelada, sutíl e delicada, noutras a cor intensifícase e xoga cos complementarios. Na obra que pesenta en Sabor a Menta, non hai figuración, hai liñas, cores e o espazo en braco que é a base para o seu percorrido.
Di Pepa Cervió da súa obra e persoa. Teño a Sorte de coñecer a Sabela Celia dende o mesmo momento en que naceu, de ter seguido a súa evolución persoal e de apreciar a súa obra dendo os primeiros debuxos infantís. O seu sentido cromático captaba pola súa forza e atrevemento a atención do espectador-amigo, que se sorprendía pola audacia e valentía con que combinaba as cores. Durante anos interiorizou as súas experiencias persoais e só esporádicamente as plasmaba sobre o papel.

RELEXIONS NOVAS

ALBA FANDIÑO

Alba Fandiño
Nas pezas presentadas por Fandiño vemos, por unha banda, o emprego dos materiais e, a través deles, dos seus pesos, a súa forma, a súa textura, a súa cor, a suá transparencia, o seu brillo... como estes mesmos son os distribuidores de significantes dentro da súa obra.
A autora, preséntanos unha serie de obxetos que se extaeron da cultura popular, do cotián, dos espazos pequenos, íntimos e relacionados, polo tanto, co que poderiamos denominar o decorativo. Obxetos que están aí e que permanecen nas nosas estancias sen que ninguén se fixe neles, pero que nos axudan a dar calor ás mesmas. Pero as súas propostas non quedan aí, senón que a partir destes mesmos e dos materiais cos que foron elaborados, reflexiona sobre o que serían os roles do artista moderno. Amateria decorativa córtse, perfórase, adhírese, reconstrúese... O cuestionamento de Alba xorde pondo o punto de mira sobre os diversos modos de facer arte a través de pequenos saltos no tempo: do action painting ao artista como meigo, ou ´s revisións da abstracción norteamericana de comenzos dos oitenta, tarefa que ela enmarca dentro da realización do seu traballo como doctoranda. Facendo fincapé nestes modos e modelos, trata de construir o seu, paro o que se serve dos títulos das súas pezas, fíos conductores das mesmas.

REFLEXIÓNS NOVAS

CARLOS ALDAO


Carlos Aldao "O mundo visible é a imaxe do mundo invisible"

Na obra de Carlos Aldao atopÁmosnos unha serie de pinturas cunha técnica sumamente nova e depurada que nos permite apreciar a súa gran calidade plástica. As cores son a clave para dotar á súa obra dese carácter interactivo.
Noutra das pezas o día a día convértese nunha rutina. con esta peza quere facer presente a perda da rutina e a repetición desde o punto de vista das actividades creativas. Utiliza un gran rolo de papel de debuxo que perforou con círculos de diferentes diámetros en toda a súa dimensión. a peza preséntase parcialmente desenrolada, isto indícanos que hai máis traballo na oba do que apreciamos. Con isto Carlos preséntanos unha idea da alienación nesta peza que está implicita. ¿Qué sentido ten o traballo mecánico, repetitivo? parece que fai alusión ao sistema de produción en serie iniciado por Henry Ford, onde o traballador sitúase no seu posto na cadea de produción e realiza unha soa acción repetida, sen percibir o seu sentido xerando a monotonía.
Isto é certo ata certo punto. Aqúí o artista traballa como un autómata, sen descanso pero sempere consciente e á espreita, en procura dunha visión creativa-plástica baseada desde un principio nun concepto, o facer e o deixar facer.