miércoles, 9 de marzo de 2016

EXPOSICIÓN DE ARTE
8 de marzo/31 de marzo, 2016
Esta exhibición é unha iniciativa pensada para o mes de marzo,
co motivo do Día Internacional da Muller.

Tratase de unha mostra de arte contemporánea de seis pezas
de seis artistas e unha performance na inauguración e peche
do evento.

Eleximos este espazo por estar integrado no texído urbano, por
ubicarse nunha zona de moita visibilidade, e poder dialogar
directamente ca cidananía. Amosar o traballo das artífices
mulleres nun espazo expositivo alternativo. Achegar a arte
contemporánea ao público en xeral a través de espazos non
convencionais.

Pretende ademáis de dar visibilidade as artistas, combater de
algún xeito a descriminación moi presente neste ámbito, a través
dun discurso feminino.

Cada participante achega na súa obra unha visión peculiar e
reivindicativa, relacionada co papel da muller na sociedade.
O nexo común fíxose a través do vestido, cada creadora conta
a súa propia historia, tratando de construir un discurso que
dialogue entre elas e o público.