lunes, 24 de mayo de 2010

EXPOSICIÓN PINTURAS DE TOTO ZUMPANO



http://zumpapinturas.blogspot.com/

EXPOSICIÓN PINTURAS DE TOTO ZUMPANO


A galería Sabor A Menta acolle ata mediados do mes de xuño unha exposición de pinturas do artista e arquitecto arxentino Toto Zumpano. O espazo expositivo inúndase de cores e de formas gracias ao colorido, imaxinación e fantasía deste artista que expón por primeira vez en Compostela.

A mostra estará conformada por un total de 20 pezas de distinto formato, onde predominan os acrílicos sobre lenzo.

Na presente mostra a temática é do máis variado grazas á desbordante fantasía do autor. Nas súas obras non queda rastro das perspectivas. A súa obra desenvólvese en dúas dimensións, utilizando a liña como soporte da cor e xerando movemento á composición. Utiliza grandes superficies planas que contrastas co recargamento de pequenos seres diminutos, elementos alfanuméricos e figuras xeométricas. A súa inspiración parte das súas experiencias, di que sente unha necesidade de crear unha ponte entre o seu mundo interior: hermético, idealista e utópico e o mundo exterior: esixente, real e maxicamente inspirador. Crea mundos novos, fantásticos e oníricos.

a exposición permanecerá aberta ao público dende o 20.05.2010 ata 19.06.2010

horario: Lu-Ve: 17.00-21.00 h. Sábado: 11.00-14.00 h.

sen respostas nen preguntas